Oda á miña familia (versión galega)

Julita Ratzenberger de la Paz

by Julita Ratzenberger de la Paz

Story

Agora que miro cara atrás na primeira metade da miña vida, antes do Covid19 como Xenial, inmediatamente vénme á testa o seguinte:Os momentos e períodos máis fermosos e formativos da miña vida teñen todos estes denominadores comúns: a diversidade e os valores fundamentais de Europa.Xa sexa na vida familiar, sendo au pair, gozando do meu ano como estudante Erasmus, viaxando con amigos ou vivindo e traballando no estranxeiro, experimentei e literalmente “vivín” estes valores grazas ao feito de que todas as persoas implicadas eran tan diferentes e aínda vivendo en harmonia. Isto fíxome un verdadeiro europeo dende o berce.Unha vez un político preguntoume onde me sentía como na casa. Nunca me sentín como na casa 100% en Austria, nin en España. Grandi nun ambiente bicultural que co paso dos anos se expandiu nunha identidade europea multicultural. Rompeme o corazón cada vez que necesito saír dunha das miñas “casas”. Como en calquera familia, tamén intento xuntar todas as partes e os membros na medida do posible. Con todo, o meu destino é gozar da diversidade da miña familia europea en momentos dispersos. E son ricos, e iso é o que os fai tan únicos e hermosos. Europa é a miña casa e o meu osíxeno.Gustaríame que os meus fillos na era post-covid poidesen vivir os mesmos valores e ledicias que eu puiden gozar.Hai pouco lin ao meu fillo unha fábula que procede dun libro que gardo dende a miña nenez. Está escrito por James Thurber e chamado “O tigre que entendeu ao pobo”. Sinxelo e instructivo, pero cunha moral que é con moita vergona es difícil para un pai explicar ao seu fillo nestes días. Cuestiona toda a evolución da intelixencia humana e por que podería ser mellor ficar no nivel neandertal.Como son unha persoa positiva por natureza, aínda espero un final feliz. Quizais aínda teñamos que sufrir un pouco ata que o zapato nos encaixe e poidamos facer un cambio de tendencia e tomar medidas reais. Ensinaremos os dentes unha vez que sexamos conscientes do difícil que é loitar e MANTENER as nosas liberdades e dereitos. Como o tempo, estes non son evidentes.Aos meus amigos europeos -Peter, Lothar, Stefan, Ulrik, Vanessa, Albert, Cristiano, Francisco, Armando, Hanna, Jarl, Jarl, Michael, Rocio e Ricardo- que fixeron posible este European Book Project grazas ás súas traducións.

© Julita Ratzenberger de la Paz 2022-05-20

Hashtags